Your Browser Don't Support Canvas, Please Download Chrome.

Entroidos
do Oriente
Ourensano

Entroidos

do Oriente

Ourensán

Vivir o Entroido do Oriente Ourensán é unha experiencia única.

En Viana do Bolo, Manzaneda e Vilariño de Conso descubrirás o auténtico espírito do Entroido.

Manzaneda

Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Unha das festas que máis identifican a Galicia

Unha das festas que máis identifican a Galicia é, sen dúbida, o Entroido. Non se trata dunha simple festa. En realidade, é un universo cultural e ritual no que se mesturan elementos como a historia e a antropoloxía, artesanía, música, teatro, gastronomía, etc., e que atesoura a memoria revivida, xeración tras xeración, pola xente do entorno da contorna rural.

A súa importancia fai que sexa unha cita de longa duración; na comunidade galega esta festa prolóngase ata un mes de celebración, situándoa como unha das festas máis populares de toda España.

Desde practicamente o fin das celebracións de nadal, comezan, en toda a xeografía galega, os preparativos da cita carnavaleira. Isto vívese especialmente na provincia de Ourense, en tres dos Entroidos máis singulares pola tradición ancestral: o de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os tres forman parte do grupo de nove entroidos recoñecidos como Festa de Interese Turístico Galego.

Oríxenes e historia

Na súa concepción primixenia, esta festa celebrábase para conmemorar o final do inverno e invitaba á xente a disfrazarse co obxectivo de afastar aos espíritos malignos e atraer a boa fortuna nas futuras colleitas.

Felipe-Senén López Gómez, historiador da cultura galega, destaca que a orixe do Entroido galego pódese atopar “todas as épocas da Historia" porque, argumenta, "a medida que o home ou muller vai adquirindo conciencia das catro estacións, aparecen as celebracións agrarias". Deste modo, creese que o Entroido podería remontarse ao Neolítico, aínda que lóxicamente experimentou adaptacións e transformacións propias de cada momento histórico”.

"Na súa orixe, radica a personalidade dun pobo", detalla Felipe Senén, quen ten claro que a clave está na creatividade e na innovación que podan ir imprimindo os creadores galegos á tradición.

"O Entroido hai que coñecelo para querelo e protexelo". Argumenta Felipe que ese carácter castrexo e de parroquia é o que confire personalidade propia ás diferentes variedades do Entroido galego. "As máscaras, os disfraces, os ritos" ofrecen un documento etnoarqueolóxico que é necesario protexer.

A festa do Entroido é sinónimo de tradición e cultura

A festa do Entroido é sinónimo de tradición, de cultura, de arraigo, de identidade. Estes tres lugares máxicos, durante as festas do carnaval, énchense de xente que se reúne para rirse de si mesma.

Familias completas poden verse formando parte, ano tras ano, do mesmo folión. Varias xeracións, participando no mesmo desfile o día máis importante desta festa. Porque o Entroido é, tamén, implicación por parte de todos e todas, sen excepción.

A organización e os preparativos serven de lazos de unión e fraternidade entre os vecinos a veciñanza, que se preocupan por cada un dos detalles. A xente, ademais, visítase entre si, posto que son Entroidos fronteirizos e a veciñanza dos tres municipios participa neles.

Desa implicación real da xente, xurdiron múltiples asociacións sen ánimo de lucro, que foron creadas “para fomentar a cultura popular”, “revalorizar o espírito do Entroido” e conservar e manter “o patrimonio cultural e natural de Galicia”.

Un dos trazos característicos máis importantes é a tradición das mázcaras e persoaxes identificativas de cada un destes Entroidos. En Manzaneda, a tradicional Mázcara, e a figura do Boteiro en Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Ademais, as tres celebracións, festexan os “xoves de compadres” e “xoves de comadres”, en dous xoves consecutivos, saíndo a celebrar por separado, os homes en primeiro lugar, as mulleres ao xoves seguinte, a chegada do Entroido.

As tres celebracións posúen una festa gastronómica asociada, que axuda a superar o frío propio destas datas. No caso de Manzaneda, trátase da comida tradicional de Entroido tralo desfile do martes; en Vilariño de Conso celébrase a Festa do Cabrito coincidindo co domingo gordo de Entroido, igual que en Viana do Bolo, cando se celebra a tradicional Festa da Androlla.

Cando o Entroido chega a súa fin, o mércores de cinza, nas tres localidades despídese do mesmo xeito: con tristura e choros pola finalización da festa.

Coñecendo os tres concellos

Manzaneda

O visitante que elixe Manzaneda pode achegarse a de interés en todo o concello. Ademais, a proximidade coa única estación de inverno de Galicia, fai deste concello un dos máis grandes do turismo de montaña, fundamentalmente en temporada de inverno, aínda que cada día é maior o turismo estacional que o visita, non só polo atractivo da Estación, senón tamén por coñecer outros lugares do propio entorno e outros moi preto a él como é o lugar das Ermidas, onde se atopa enclavado un dos santuarios de máis tradición pagana e relixiosa do oriente ourensán.

Viana do Bolo

Viana do Bolo presenta unha interesante mestura de patrimonio histórico e natural que o configura como un destino turístico con moito que ofrecer. Así o resumía o escritor Ramón Otero Pedrayo ao explicar que Viana “non se asemella a outras vilas galegas (…) que eclipsaron o núcleo antigo. Conserva a súa estructura de vila en torno á praza; ten aspecto de cidade. A antiga ponte, os fondos camiños da marxe do Camba e Bibei, as aldeas próximas, como San Mamede, ofrecen paseos e paisaxes de suxestiva beleza”.

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso atópase ubicado en plena zona de montaña e, con localizacións que oscilan entre os 630 e os máis de 1.500 metros de altitude. A súa paisaxe mostra interesantes contrastes, que se canalizan nunha oferta variada para as persoas interesadas na práctica de actividades de natureza ou, simplemente, no seu disfrute. Neste sentido, merece mención especial O Invernadeiro, un dos seis parques naturais de Galicia.

Calendario 2025 Entroido de Manzaneda

Actividades 2025 Entrudio Viana do Bolo

Entroido 2025
Vilariño de Conso

Contactar / Como chegar

Manzaneda

Casa Consistorial
Estrada de Raigada, s/n, 32781 Manzaneda

Viana do Bolo

Rúa da Constitución, 14
32550 Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Telefonos:
988 340 302 / 988 340 410

concello.vilarinodeconso@eidolocal.es

Rúa Museo, 3
32557 Vilariño de Conso

Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
Entroidos do Oriente Ourensán
gl_ES
Back to top